o raro é que bailar sexa raro
ESTREA, Festival FITO_Ourense_Outubro 2020
Esta creación entende a danza como algo contaxioso e convida a bailar nun espazo no que tódolos corpos son posibles. Espectáculo Recomendado no caderno 14 de Danza e Artes do Movemento da Red Española de Teatros e Auditorios.
Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa.Bailar pode ser unha epidemia.
Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.Con todxs nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.
Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata.
Isto vai de bailar bailando.
Creación Andrea Quintana
Coreografía e interpretación Andrea Quintana
Dirección e dramaturxia Gena Baamonde + Andrea Quintana
Textos Vacaburra inspiradas por Joanna Russ e Linn-Liniker
Iluminación Baltasar Patiño
Espazo sonoro Davide Gonzalez + Andrea Quintana
Imaxe Muller 6 ollos
Vestiario Saturna
Co apoio
Galicia Danza Contemporánea. Axudas a Artistas do Concello de A Coruña, Residecia de creación Residencias Paraíso do Colectivo RPM, CDG Salón Teatro. Residencia de creación en A Normal, espazo de intervención cultural
You look ridiculous if you dance. You look ridiculous if you don’t dance. So you might as well dance.
GERTRUDE STEIN.