METODOLOxÍAS CARROÑERAS PARA corpos INVERTIDOS
ESTREA, Festival PLATAFORMA_Santiago de Compostela, Maio 2021
CORPOS INVERTIDOS ¿ESTADES AÍ?
Conferencia performativa, bastardia disciplinar, investigación desleal onde se mesturan coñecementos teóricos e prácticos a través do humor, tendo como eixo central a disidencia sexo-xenérica na escena.
Un dos obxetivos desta peza é pasar polo corpo os coñecementos teóricos manexados dentro da proposta, partindo de diversos conceptos e referentes que nos axudan a conformar xenealoxías diversas, xenealoxías dislocadas que cuestionan a historia escénica heterocentrada.
Esta conferencia freak xorde da necesidade de expandir e traducir a linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese doutoral: Sexualidades Des-Xeneradas na Práctica Escénica Contemporánea na busca de carroña metodolóxica e incoherencia corporal.
Creación Gena Baamonde
Dirección e dramaturxia Gena Baamonde acompañada por Andrea Quintana.
Texto Orixinal Gena Baamonde
Coreografía Andrea Quintana
Interpretación Gena Baamonde e Andrea Quintana
Iluminación Violeta Martinez Rivera
Fotografía Manuel G. Vicente e Cristina Cotelo
Vídeo promocional muller 6 ollos + Andrea Quintana
Vestiario VACAburra.
Co apoio a creación de:
Residecia de creación Residencias Paraíso do Colectivo RPM, La Fabulosa, De Corpos Presentes. Galicia Danza Contemporánea
Co apoio á distribución e xira da Xunta de Galicia a través da AGADIC