top of page
FESTINA

RUAR

ESTREA - 5 XULLO - MITCFC

“Conforme poñemos o pé fóra da casa nun fermoso serán, entre as catro e as seis, desprendémonos do eu polo que as nosas amizades nos coñecen e volvémonos parte do vasto exército republicano de anónimos camiñantes cuxa compaña é tan agradable trala soidade do cuarto propio”.(Virginia Woolf)
 

O nome Ruar provén do uso creativo das rúas que facía Virginia Woolf, ao que denominaba ‘street haunting’. Ruar como un acto de investigación, saír do espazo privado, o paseo como un feito relevante, unha ensoñación que se pode converter nunha experiencia transformadora. RUAR é a nova proposta de VACAburra para rúa e espazos non convencionais. Ruar como divertimento e como xogo. Unha peza para dous corpos con música en directo sobre a imaxinación do movemento no espazo público. Un paseo escénico en forma de viaxe sonora danzada.Unha excursión de corpos libres, ouvidos abertos e sorriso gozoso. Andar polas rúas paseando, enredando, deixando que o corpo sexa o que propón o percorrido, sen obxectivo final na ruta, unha deriva, un pasear, un deixarse sorprender polo que acontece no espazo público. Un paseo escénico en forma de viaxe sonora danzada, un itinerario extraviado polo corpo e pola música, un encontro entre dous intérpretes, unha bailarina que canta e un músico que baila, corpos que atopan un terreo de xogo común: o espazo público como marco e escenario.

Creación VACAburra

Interpretación Davide González+ Andrea Quintana

Coreografía Andrea Quintana

Dirección e dramaturxia Gena Baamonde + Andrea Quintana

Espazo sonoro Davide González

Vestiario Gena Baamonde

Video: Cru Produccións

Coprodución coa MITCFC, en residencia no Festival ESCORA da Diputación da Coruña +  Casa no ALTO de Camelle 

Co apoio á creación escénica de Xunta de Galicia a través da AGADIC Industrias Culturais Cultura Xunta

bottom of page